A cobardía dos xuices

0 respostas


Víase vir. Os xuíces, ante a palmetada na mesa do goberno polo escándalo da nena Mariluz que expedienta a o máximo responsable da trangallada con só 1500 euros de nada, saen en profesión de fé para exixir impunidade para eles.

Lonxe de pedir mais condena para o xuiz cómplice por omisión do asasinato da nena, o resto dos xuices saen á rua para defender a este mangante poñendo como excusa o de sempre: que teñen poucos medios, que fai falla mais organización, que si patatín, que si patatán.

Unha merda !!!

O que están a defender na rúa e o mais noxento e casposo corporativismo. Están a defender os seus cús porque o que ten cú ten medo.

Un xuiz é o máximo responsable do seu xulgado. Si fora unha empresa privada, o xuiz sería un xefe de negocio, ou ben un xefe de fábrica. E dicir, o mandamáis do asunto (do seu asunto). Así, cando un xulgado non vai ben, a culpa recae no xefe desa unidade, sin mais consideracións. Un pode queixarse canto lle pete pola falta de medios (debe facelo) pero ten que ter a capacidade de sacar producción ainda nesas circunstancias. Ou se non, deixar o posto (lembre que ser funcionario non é unha obriga). Mentras siga nel, cobrando o seu soldo, é responsable máximo.

E neste caso, ao responsable desta desfeita... só lle cae unha multiña de nada. E os seus colegas, cando deberían estar alporizados por ter na profesión a un impresentable coma ese, o único que se lles ocurre é sair a rúa para protestar polo mínimo castigo que se lle impuxo. E ademais, cobardemente, co gallo de respaldar a unha Secretaria (ben que lles importa...).

Non, xentiña, non. Xá é hora de que rindades contas perante Xoan Pobo, o cidadán que vos da de comer. Durante moito tempo imperou a ley de "vostede non sabe con quen está a falar". Pero xá e hora de que todos os servidores públicos rindan contas. Con tódalas consecuencias.

A Mesa ataca de novo

0 respostas
Si non fora porque é verdade o que che conto, é para escarallarse vivo:

Resulta que catro mangantes que viven de subvencións (o diñeiro dos demais) e teñen moito tempo libre, están a enviar cartas como as da ETA, pero esixindo a cidadáns libres que falen o idioma que eles (os galibáns) queren, pasándose polo forro o que estes cidadáns desexan.

Nun pais civilizado e cunha lei que alguén faga cumplir, estes imbéciles escuros estarían no talego, por ameazas, por suplantación de documento público e por jilipollas. Pero esto é España, colegui. E aquí pode pasar de todo, porque todos pasan de todo.

As veces un pensa que o listón xa está ben alto, pero día a día a realidade nos demostra que Einstein tiña razón. El dicía que só hai dúas cousas que son infinitas: o universo e a estupidez humana. E do primeiro non estaba seguro dabondo.
 
Copyright 2009 Xoan Pobo
BloggerTheme by BloggerThemes | Design by 9thsphere