O galego, por collóns

0 respostas
Los ciudadanos tienen derecho a usar una lengua, no al reves
Así, así se fan as cousas. A letra, con sangue entra, así que o idioma vai ter que entrar a base de hostias. Todo o mundo sabe que o mellor para que alguén te ame, é facer que ese alguén te tema:

Educación obliga a una prueba escrita y otra oral en gallego a los opositores

Istes neogalibanes están tolos. Non vou entrar no pequeno detalle de que a Constitución Española dí que temos (entre outros) o dereito de usar o castellano, que non deixa de ser pouca cousa eso de que estea na consti.

Pero sí vou a entrar no fondo: o caracter fascista da cohorte galibana no goberno. Non acaban de entender estos imbéciles e escuros que Galicia ten dous idiomas: un por ser Galicia, e outro por ser España. E tan sinxelo que ata un neno podería entendelo. Pero non, estes neofranquistas escúdanse no que dí o Estatuto (Lei orgánica de rango menor que a Constitución, non esquezamos) para expulsar unha lengua en favor de outra. Queren zurrarlle na chota aos "espaholistas" có garrote do Estatuto.

E ademais (e isto é o realmente grave) obrigando a usar o idioma que eles queren, en contraposición do idioma que o cidadán libremente escolleu. De ahí a ter que levantar o brazo cada vez que pases por diante dunha sede do BNG, hai pouco.

Que ande con ollo o Torito. Deixar temas tan sensibles como a liberdade individual, a educación e a convivencia en mans de uns poucos integristas que chegan ao poder co peor resultado en votos da sua historia... é unhan rémora que lle vai pasar factura ao PSdG mais pronto que tarde.

A xente está empezando a estar farta de que 4 coleguis teñan a capacidade de obrigar a 3 millóns de galegos plurais, diferentes, multifacéticos. Fai uns anos, aínda imperaba eso de "usted no sabe con quien está hablando". Pero hoxe a xente lé, sabe, fala, organízase. E sabe o valor do seu voto, e que éste non é un cheque en branco.

Avisados quedades, navegantes.

O PNV segue a recoller as noces mentras outros seguen movendo a árbore

0 respostas
Fai uns anos, na peor etapa do aznarismo, dicíase do PNV que era como ese aproveitado que recollía as noces mentras outros movían a árbore. Con este "refrán" quérese dicir que ao PNV venlle moi ben que ETA siga a matar, porque é parte consubstancial do propio PNV. Tras algúns lustros no poder, co mando da Ertzanza e cun coñecemento de primeira man do pobo vasco, dá moito que pensar que ETA siga a ser hoxe en día una realidade (menguada, pero realidade ao fin) e que os maiores golpes os sigan a dar a policía e a garda civil.

E que ademais, o PNV nunca se caracterizou por estar fronte aos fillosdeputa, facendo algo útil para acabar coa banda. Semella que lles doera como si tivesen que amputar unha parte do propio corpo.

Pero deixando a un lado o que poderían non ser mais que lerchadas de malas línguas... o que pódese ler hoxe na prensa é simplemente abraiante: O PNV e Aralar impiden a moción contra da alcaldesa de Mondragón (Inocencia Galparsoro negouse a condear o asasinato de Isaías Carrasco). O PNV non secunda a iniciativa do PSV para apartar a unha asalariada da banda da alcaldía de Mondragón, tal como pactárase (alomenos de palabra) uns días atrás.

Neste tema non hai disculpas (seguro que o PNV terá unha morea delas para salvar o cú). Nestes tema ou pos os collóns enriba da mesa para cumprir có que hay que cumprir, ou non te alporices porque logo a xente escupa na túa cara na rúa.

Agora, o partido move ficha: ou expulsa a estes mamarrachos cobardes, ou os respalda. Eles deciden.

En canto ós de Aralar... ben, son unhan escisión de ETA. Non hai que esperar moito de eles.
 
Copyright 2009 Xoan Pobo
BloggerTheme by BloggerThemes | Design by 9thsphere