O galego, por collóns

Los ciudadanos tienen derecho a usar una lengua, no al reves
Así, así se fan as cousas. A letra, con sangue entra, así que o idioma vai ter que entrar a base de hostias. Todo o mundo sabe que o mellor para que alguén te ame, é facer que ese alguén te tema:

Educación obliga a una prueba escrita y otra oral en gallego a los opositores

Istes neogalibanes están tolos. Non vou entrar no pequeno detalle de que a Constitución Española dí que temos (entre outros) o dereito de usar o castellano, que non deixa de ser pouca cousa eso de que estea na consti.

Pero sí vou a entrar no fondo: o caracter fascista da cohorte galibana no goberno. Non acaban de entender estos imbéciles e escuros que Galicia ten dous idiomas: un por ser Galicia, e outro por ser España. E tan sinxelo que ata un neno podería entendelo. Pero non, estes neofranquistas escúdanse no que dí o Estatuto (Lei orgánica de rango menor que a Constitución, non esquezamos) para expulsar unha lengua en favor de outra. Queren zurrarlle na chota aos "espaholistas" có garrote do Estatuto.

E ademais (e isto é o realmente grave) obrigando a usar o idioma que eles queren, en contraposición do idioma que o cidadán libremente escolleu. De ahí a ter que levantar o brazo cada vez que pases por diante dunha sede do BNG, hai pouco.

Que ande con ollo o Torito. Deixar temas tan sensibles como a liberdade individual, a educación e a convivencia en mans de uns poucos integristas que chegan ao poder co peor resultado en votos da sua historia... é unhan rémora que lle vai pasar factura ao PSdG mais pronto que tarde.

A xente está empezando a estar farta de que 4 coleguis teñan a capacidade de obrigar a 3 millóns de galegos plurais, diferentes, multifacéticos. Fai uns anos, aínda imperaba eso de "usted no sabe con quien está hablando". Pero hoxe a xente lé, sabe, fala, organízase. E sabe o valor do seu voto, e que éste non é un cheque en branco.

Avisados quedades, navegantes.

0 respostas:

 
Copyright 2009 Xoan Pobo
BloggerTheme by BloggerThemes | Design by 9thsphere