Fálase moito nestes tempos diso que semella o invento do século, que é a web 2.0. A partires de ahí, hai toda unha retaíla de "cousas" en versión +n.0... e un xa non sabe si é que aínda vive no segundo esquerda ou na nova internet 8.5. Ou case. :D
Pero o que sí está a trascender neste pais chamado Ex-paña por algúns (seica os delata o subconscente) é que os cidadáns están empezando a sacudirse o sanbenito do Oiga, usté no sabe con quien está hablando. Porque semella que sí o sabemos por fin.
E neses casos, normalmente, estás a falar cun paisano ao que lle pagas un soldo xeralmente xeneroso, non por ser o teu pai, ou o teu guía espiritual, senon por ser alcalde, concelleiro, concellal ou simplemente "un mandao".
Digo esto porque a partires dos sucesos de O Vao e Novo Mesoiro, os cidadáns de a pé din que non, que non están dispostos a comerse de novo o marrón dos realoxos chabolistas dos mercados da droga. E saen a rúa, e berran, e de seguro que tumbarán gobernos. Polo pronto, fan ruido. E lles dín ós políticos que a integración tamén pasa polos barrios da Cidade Vella ou María Pita na Coruña. O todos solidarios, ou ningúen.
Ata fai poucos anos, calquer mindundi con algo de poder (para coñecer un galeguiño, dalle un bó postiño) sentíase ó mando da "Enterprise" en plan Capitán Kirk, con bandeira branca para facer e desfacer o seu antoxo. Bó, algúns dín que no rural aínda pasa; non sei que dirán os caciques de toda a vida.
Sen embargo, fai xa algún tempo que, gracias a internet, grazas ós blogs e foros, grazas a que a xente lé, grazas a que fala, discute, pregunta e non se cala... os cidadáns están a decirlle ós gobernantes que un voto non é un cheque en branco, senon a orde de que ahi que facer o que hai que facer, e ahi que facelo segundo dí Xoan Pobo.
E agora mesmo, os veciños están a dicir que ata aquí. Porque a ninguén lle gusta que un día lle digan que non e ao outro día, comprobe que sí. Que a un lle vacilen, doe.
Porque non hai que olvidar é que éso, precisamente eso, é a demo cracia. O goberno do pobo, segundo as maiorías.
E o outro é só unha das súas formas, a representación ou delegación. Non sometemento.
ChatGPT, una virguería en pañales
-
Lo del *ChatGPT* es impresionante, pero está en pañales. Sin duda se trata
de un *experimento de Inteligencia Artificial (IA) en fase beta *y se notan
mu...
Hace 1 año
0 respostas:
Publicar un comentario