Somos libres !!!

... berran con alborozo algúns COPEiros, seica pola alegría de saíres do cárcere. Ou iso é o que un cidadán con dous (ou incluso menos) dedos de fronte pode pensar ó relacionar ó talibanzuelo de sacristía con estes valados publicitarios:



Mais un recapacita e ponse a pensar a cantidade de barbaridades que saíron (e saen) dos micros viperinos destes mangantes e chega á conclusión de que en realidade é unha mensaxe de incredulidade.

De incredulidade porque ainda ninguén foi prendelos por insultar, mentir, calumniar, enganar, roubar, castrar e arrastrar os mortos da eta polas rúas.

Sí, iste é un grande pais. As veces, moito mais grande que algúns dos que o habitan, acostumados a 40 anos de pais pequeniño (tan pequeno, que case todos andaban coa cachola baixa, non sexa que turrase no teito).

Bo, tamén hai que dicir que non en tódalas vilas a campaña de publicidade é a mesma. Alá ou acolá, os mensaxes son de mintireiro verdadeiro.

0 respostas:

 
Copyright 2009 Xoan Pobo
BloggerTheme by BloggerThemes | Design by 9thsphere