Made in Galicia

Asi, con dous collóns. E moito inxeño, e moita fé nun mesmo, e mais un equipo im-presionante.

Agora todo son parabéns para os descubridores-fabricantes do Yondelis: Un fármaco feito con animaliños semellantes a unha alga que loita contra ó cancro, un descubrimento maxistral, a nova panacea. Agora, todos enriba do carro do éxito.

Made in Galicia. Galicia Calidade.



Pero ó millor o que a xente non sabe, é que Zeltia (sí, esos que tamén fan o ZZPaff para sacar cartos cos que pagar a I+D de PharmaMar) estivo a punto de pechar as portas cando fai uns anos a comisión europea non lles quiso aprovar o Yondelis. E neses intres duros, a empresa hipotecou ata os gallumbos para seguir adiante. Porque tiñan fé, claro. Pero tamén porque teñen os collóns coma puños. Fai falla telos así nun país de meapilas e mixiricas, no pais que prefiere que "inventen eles", nun país no que só se pensa de 4 en 4 anos, nun país de catetos, palurdos e futboleiros millonarios.

Fai uns anos, o governo, en troques de apoiar o Yondelis en Europa, mirou para outro lado: o formigón sí que daba cartos, e non a inxeñería.

Fai uns anos, moitos dos que agora achéganse ó cheiro dos cartos, non puxeron un duro para apoiar a verdadeira I+D (agora, chámase tamén +i, que potito) e preferiron meter cartos na vila da (in)kurtura.

Pero si é certo que hai un galego na lúa, vai sendo hora de que o haxa tamén nos anaqueis do nobel de mediciña ou de química.

As veces, ó botar unah mirada enrredor, un está desexando trinca-la recortada e quedarse só. Só que, ainda sendo ateo, a veces recordo aquel pasaxe da Biblia cando Xesús estaba a mirar para Sodoma e Gomorra: se hai un só hombre bó, valeráa pena salvala.

En Zeltia asemella que temos hombes bós dabondo. Gracias a deus.

0 respostas:

 
Copyright 2009 Xoan Pobo
BloggerTheme by BloggerThemes | Design by 9thsphere