¿Que dí que non fai falla a "Educación para la Ciudadanía"?

Leo abraiado (es-tupefacto, mais ben) a boutade dun tipo que dín que é político de éxito, pero mais ben parece un imbécil esférico.

Como este paiaso é gobernador dunha rexión que se chama pais a sí mesma, asemella que este palurdo quere converterse en Virrey. E pasarse as leises polo forro dos collóns.

O tal Camps, cacique dos "paisos valenciáns", é do PP. E como é da oposición, oponse a todolo que veña do goberno do PSOE. E ademais, como bó canciño faldeiro, asume como propias as consignas de Xénova. E si agora xa está demodé tirarlle a xeta ós mortos de ETA ó presidente, o que mola agora é saltarse á torera a lei de educación que impón a asignatura de "Educación para a Cidadania".



E como non ten collóns para poñelos enriba da mesa, enfrontarse ó xuez e inclupli-la lei por obxección de conciencia (ou algunha outra carallada polo estilo), o que fai e pretender que a asignatura se imparta en inglés. Nada menos.

A ver quen son os do goberno democrático para dicirlle a él (a todo un virrei) o que ten que facer na sua taifa !!!!


E logo un pensa que estes son os tipos que o están a gobernar, e a decidir donde se invirten ou non os cartos públicos.... e abofé que a un lle entran unhas ganas locas de que paren o tren e baixarse. E que logo descarrile levándose por diante a todos estes zumbamerdas do carallo.

E non é broma: lé neste vínculo a noticia orixinal no EiBiSi

0 respostas:

 
Copyright 2009 Xoan Pobo
BloggerTheme by BloggerThemes | Design by 9thsphere