Educación e NNTT

0 respostas
Ahí vai unha idea gratis:

Agora estánse a poñer de moda os leitores de eBooks. Uns cacharriños simpáticos e útiles nos que podes levar centos de libros, que veñen en cores e que permiten ler sen fatiga nos ollos.

O problema dos de agora é que ainda sobreviven varios sistemas que non son compatibles entre eles. E a batalla pola cuota de mercado está a retrasar a súa implantación, o que é un problema importante para os nosos bosques e fragas. Cun só libro electrónico, sálvanse milleiros de árboles da tala, sobre todo si temos en conta que o que chega agora ás nosas librerías está a ser unha auténtica basura en forma de negro sobre branco.

Pense vostede agora no que lle propongo, sr menistro da cousa pública: Saque vostede a concurso público o deseño dun ebook coas características seguintes:
1) bn/ e cor
2) Dous modelos. Un pequeno e resistente, con poucas teclas, de cores variados (para raparigos). Outro, mais grande e con mais prestacións, para mozos e adultos
3) Pantalla tactil na que poder escreber e dibuxar, con recoñecemento da escritura e da voz

Agora, distribúa 3 ou 4 millóns destes aparellos entre os estudantes do pais, a un custe entre 100 e 150 euros cada un.

Agora, edite vostede como Estado, os libros de texto de tódolas comunidades (na língua que vostede prefira, pero alomenos todas as estatais) e distribúaos mediante wifi en todos os centros educativos do país.

E terá vostede unha punta de lanza en novas tecnoloxías, libros e material educativo común e a custe ridículo, salvagarda dos nosos bosques e unha inversión na educación da mocidade que non terá prezo.




E a idea vai gratis, así que non terá mais que facer que trincala para vostede e poñerse a medalliña diante do seu xefe. Todo sexa pola educación (e pola formación dos que teñen que pagar a miña pensión).

De nada.

Un sistema noxento. Un traballador perde a súa casa

0 respostas
As veces un sente asco de meter nos pulmóns o mesmo aire que o que tamén respiran certos políticos. As veces un sente unha onda insuperable de ira perante as actuacións de cargos públicos que, precisamente porque estiveron a xogar cos asuntos públicos (de todos nós) terían que ser castigadas tan duramente que a ninguén se lle pasara pola cachola voltar a facer unha así.

Hoxe poido ler nun xornal que a casa de un traballador vai ser derrubada por orde xudicial (tamén teremos que falar algún dia dos xuíces, sempre "escudados" nas leises) porque tres (tres !!!!!!!!!!!) alcaldes deron licenzas de construcción a unhas casas que agora resultan ser ilegais.

Todos sabemos xa que a paisaxe litoral de Galicia está a ser estragada pola presión urbanística, e que os alcaldes dos pobos, a maioría deles auténticos gañáns sin oficio nin beneficio (correximos: sen oficio) foron quen de deixar que as súas beiramares estean como estan agora: un vertedeiro de formigón.

Pero neste caso é distinto. Un traballador merca un terreo para facer a súa casa e tres administracións sucesivas asegúranlle que a merca é legal, que os terreos son edificables. Fai a súa casa e agora o Tribunal Superior de (in)Xustiza dí que hai que derrubala.

Adiantando que semella que a suxtiza legaliza obras para uns e non para outros (dependendo do abultado do teu peto) este caso dame noxo: É A CASA DE UN TRABALLADOR, COLLONS !!!!!!!!!!!!!!!!!

Pode que sexa ilegal, non o nego, pero non se pode botar a alguén a rúa polos erros duns fillosdeputa.

A solución, se é que hai que derrubar, pasa porque o concello, a xunta ou a nai que os pareu a todos eles, lle dea a ese traballador unha casa igual ou mellor que a que agora lle derruban. E DE XUSTIZA !!!!!!!!

Pero non, agora o concello e mais a Xunta están a batallar nos xulgados para ver que é o culpable de toda esta situación bananeira. Anos de loita xudicial mentras un cidadán honesto durme na rúa. Sorte que un é un cidadán amante da paz, porque casos así son os que animan a coller unha recortada e non deixar títere con cachola. Que para o uso que lle dan.....

A fonte desta inxustiza: http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2009/12/01/00031259662089704381702.htm
 
Copyright 2009 Xoan Pobo
BloggerTheme by BloggerThemes | Design by 9thsphere