Educación e NNTT

Ahí vai unha idea gratis:

Agora estánse a poñer de moda os leitores de eBooks. Uns cacharriños simpáticos e útiles nos que podes levar centos de libros, que veñen en cores e que permiten ler sen fatiga nos ollos.

O problema dos de agora é que ainda sobreviven varios sistemas que non son compatibles entre eles. E a batalla pola cuota de mercado está a retrasar a súa implantación, o que é un problema importante para os nosos bosques e fragas. Cun só libro electrónico, sálvanse milleiros de árboles da tala, sobre todo si temos en conta que o que chega agora ás nosas librerías está a ser unha auténtica basura en forma de negro sobre branco.

Pense vostede agora no que lle propongo, sr menistro da cousa pública: Saque vostede a concurso público o deseño dun ebook coas características seguintes:
1) bn/ e cor
2) Dous modelos. Un pequeno e resistente, con poucas teclas, de cores variados (para raparigos). Outro, mais grande e con mais prestacións, para mozos e adultos
3) Pantalla tactil na que poder escreber e dibuxar, con recoñecemento da escritura e da voz

Agora, distribúa 3 ou 4 millóns destes aparellos entre os estudantes do pais, a un custe entre 100 e 150 euros cada un.

Agora, edite vostede como Estado, os libros de texto de tódolas comunidades (na língua que vostede prefira, pero alomenos todas as estatais) e distribúaos mediante wifi en todos os centros educativos do país.

E terá vostede unha punta de lanza en novas tecnoloxías, libros e material educativo común e a custe ridículo, salvagarda dos nosos bosques e unha inversión na educación da mocidade que non terá prezo.




E a idea vai gratis, así que non terá mais que facer que trincala para vostede e poñerse a medalliña diante do seu xefe. Todo sexa pola educación (e pola formación dos que teñen que pagar a miña pensión).

De nada.

0 respostas:

 
Copyright 2009 Xoan Pobo
BloggerTheme by BloggerThemes | Design by 9thsphere