Hoxe poido ler nun xornal que a casa de un traballador vai ser derrubada por orde xudicial (tamén teremos que falar algún dia dos xuíces, sempre "escudados" nas leises) porque tres (tres !!!!!!!!!!!) alcaldes deron licenzas de construcción a unhas casas que agora resultan ser ilegais.
Todos sabemos xa que a paisaxe litoral de Galicia está a ser estragada pola presión urbanística, e que os alcaldes dos pobos, a maioría deles auténticos gañáns sin oficio nin beneficio (correximos: sen oficio) foron quen de deixar que as súas beiramares estean como estan agora: un vertedeiro de formigón.

Adiantando que semella que a suxtiza legaliza obras para uns e non para outros (dependendo do abultado do teu peto) este caso dame noxo: É A CASA DE UN TRABALLADOR, COLLONS !!!!!!!!!!!!!!!!!
Pode que sexa ilegal, non o nego, pero non se pode botar a alguén a rúa polos erros duns fillosdeputa.
A solución, se é que hai que derrubar, pasa porque o concello, a xunta ou a nai que os pareu a todos eles, lle dea a ese traballador unha casa igual ou mellor que a que agora lle derruban. E DE XUSTIZA !!!!!!!!
Pero non, agora o concello e mais a Xunta están a batallar nos xulgados para ver que é o culpable de toda esta situación bananeira. Anos de loita xudicial mentras un cidadán honesto durme na rúa. Sorte que un é un cidadán amante da paz, porque casos así son os que animan a coller unha recortada e non deixar títere con cachola. Que para o uso que lle dan.....
A fonte desta inxustiza: http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2009/12/01/00031259662089704381702.htm
0 respostas:
Publicar un comentario