ZP estará en el G20

0 respostas
Con dous collóns.

Moitos foron os que ríanse de ZP por non "estar donde tiña que estar" por poñelos enriba da mesa co asunto de Irak. Esas envexas rastreiras do PP sobre todo, pero tamén dos da "esquerda hundida" facían que, en vez de remar todos cara adiante para que España (o pais de todos, non só de ZP) estivese donde ten que estar, tiraban para abaixo coma rémoras... esas envexas digo, espero que acaben reventándolles na cara.

Agora que ZP, tras un traballo longo, escuro e paciente, consegue que España estea na reunión do cumio do mundo.... ¿teñen algo que dicir? Ou han seguir a escupir para enriba?

Bravo por ZP. Fixo o que tiña que facer, porque cría no que facía. E esas cousas merecen respecto, ainda que a túa corda sexa outra.

E alégrame ainda mais porque o parvo de Bush terá que tragarse as súas palabras, o que sempre é unha ledicia para a xente honesta.

Será que gañou Obama :D

A cobardía dos xuices

0 respostas


Víase vir. Os xuíces, ante a palmetada na mesa do goberno polo escándalo da nena Mariluz que expedienta a o máximo responsable da trangallada con só 1500 euros de nada, saen en profesión de fé para exixir impunidade para eles.

Lonxe de pedir mais condena para o xuiz cómplice por omisión do asasinato da nena, o resto dos xuices saen á rua para defender a este mangante poñendo como excusa o de sempre: que teñen poucos medios, que fai falla mais organización, que si patatín, que si patatán.

Unha merda !!!

O que están a defender na rúa e o mais noxento e casposo corporativismo. Están a defender os seus cús porque o que ten cú ten medo.

Un xuiz é o máximo responsable do seu xulgado. Si fora unha empresa privada, o xuiz sería un xefe de negocio, ou ben un xefe de fábrica. E dicir, o mandamáis do asunto (do seu asunto). Así, cando un xulgado non vai ben, a culpa recae no xefe desa unidade, sin mais consideracións. Un pode queixarse canto lle pete pola falta de medios (debe facelo) pero ten que ter a capacidade de sacar producción ainda nesas circunstancias. Ou se non, deixar o posto (lembre que ser funcionario non é unha obriga). Mentras siga nel, cobrando o seu soldo, é responsable máximo.

E neste caso, ao responsable desta desfeita... só lle cae unha multiña de nada. E os seus colegas, cando deberían estar alporizados por ter na profesión a un impresentable coma ese, o único que se lles ocurre é sair a rúa para protestar polo mínimo castigo que se lle impuxo. E ademais, cobardemente, co gallo de respaldar a unha Secretaria (ben que lles importa...).

Non, xentiña, non. Xá é hora de que rindades contas perante Xoan Pobo, o cidadán que vos da de comer. Durante moito tempo imperou a ley de "vostede non sabe con quen está a falar". Pero xá e hora de que todos os servidores públicos rindan contas. Con tódalas consecuencias.

A Mesa ataca de novo

0 respostas
Si non fora porque é verdade o que che conto, é para escarallarse vivo:

Resulta que catro mangantes que viven de subvencións (o diñeiro dos demais) e teñen moito tempo libre, están a enviar cartas como as da ETA, pero esixindo a cidadáns libres que falen o idioma que eles (os galibáns) queren, pasándose polo forro o que estes cidadáns desexan.

Nun pais civilizado e cunha lei que alguén faga cumplir, estes imbéciles escuros estarían no talego, por ameazas, por suplantación de documento público e por jilipollas. Pero esto é España, colegui. E aquí pode pasar de todo, porque todos pasan de todo.

As veces un pensa que o listón xa está ben alto, pero día a día a realidade nos demostra que Einstein tiña razón. El dicía que só hai dúas cousas que son infinitas: o universo e a estupidez humana. E do primeiro non estaba seguro dabondo.

O galego, por collóns

0 respostas
Los ciudadanos tienen derecho a usar una lengua, no al reves
Así, así se fan as cousas. A letra, con sangue entra, así que o idioma vai ter que entrar a base de hostias. Todo o mundo sabe que o mellor para que alguén te ame, é facer que ese alguén te tema:

Educación obliga a una prueba escrita y otra oral en gallego a los opositores

Istes neogalibanes están tolos. Non vou entrar no pequeno detalle de que a Constitución Española dí que temos (entre outros) o dereito de usar o castellano, que non deixa de ser pouca cousa eso de que estea na consti.

Pero sí vou a entrar no fondo: o caracter fascista da cohorte galibana no goberno. Non acaban de entender estos imbéciles e escuros que Galicia ten dous idiomas: un por ser Galicia, e outro por ser España. E tan sinxelo que ata un neno podería entendelo. Pero non, estes neofranquistas escúdanse no que dí o Estatuto (Lei orgánica de rango menor que a Constitución, non esquezamos) para expulsar unha lengua en favor de outra. Queren zurrarlle na chota aos "espaholistas" có garrote do Estatuto.

E ademais (e isto é o realmente grave) obrigando a usar o idioma que eles queren, en contraposición do idioma que o cidadán libremente escolleu. De ahí a ter que levantar o brazo cada vez que pases por diante dunha sede do BNG, hai pouco.

Que ande con ollo o Torito. Deixar temas tan sensibles como a liberdade individual, a educación e a convivencia en mans de uns poucos integristas que chegan ao poder co peor resultado en votos da sua historia... é unhan rémora que lle vai pasar factura ao PSdG mais pronto que tarde.

A xente está empezando a estar farta de que 4 coleguis teñan a capacidade de obrigar a 3 millóns de galegos plurais, diferentes, multifacéticos. Fai uns anos, aínda imperaba eso de "usted no sabe con quien está hablando". Pero hoxe a xente lé, sabe, fala, organízase. E sabe o valor do seu voto, e que éste non é un cheque en branco.

Avisados quedades, navegantes.

O PNV segue a recoller as noces mentras outros seguen movendo a árbore

0 respostas
Fai uns anos, na peor etapa do aznarismo, dicíase do PNV que era como ese aproveitado que recollía as noces mentras outros movían a árbore. Con este "refrán" quérese dicir que ao PNV venlle moi ben que ETA siga a matar, porque é parte consubstancial do propio PNV. Tras algúns lustros no poder, co mando da Ertzanza e cun coñecemento de primeira man do pobo vasco, dá moito que pensar que ETA siga a ser hoxe en día una realidade (menguada, pero realidade ao fin) e que os maiores golpes os sigan a dar a policía e a garda civil.

E que ademais, o PNV nunca se caracterizou por estar fronte aos fillosdeputa, facendo algo útil para acabar coa banda. Semella que lles doera como si tivesen que amputar unha parte do propio corpo.

Pero deixando a un lado o que poderían non ser mais que lerchadas de malas línguas... o que pódese ler hoxe na prensa é simplemente abraiante: O PNV e Aralar impiden a moción contra da alcaldesa de Mondragón (Inocencia Galparsoro negouse a condear o asasinato de Isaías Carrasco). O PNV non secunda a iniciativa do PSV para apartar a unha asalariada da banda da alcaldía de Mondragón, tal como pactárase (alomenos de palabra) uns días atrás.

Neste tema non hai disculpas (seguro que o PNV terá unha morea delas para salvar o cú). Nestes tema ou pos os collóns enriba da mesa para cumprir có que hay que cumprir, ou non te alporices porque logo a xente escupa na túa cara na rúa.

Agora, o partido move ficha: ou expulsa a estes mamarrachos cobardes, ou os respalda. Eles deciden.

En canto ós de Aralar... ben, son unhan escisión de ETA. Non hai que esperar moito de eles.
 
Copyright 2009 Xoan Pobo
BloggerTheme by BloggerThemes | Design by 9thsphere