Mostrando entradas con la etiqueta matar ou ser morto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta matar ou ser morto. Mostrar todas las entradas

¿De oficio? Matar ou ser morto

0 respostas
E tan simple como iso. Vale que os anuncios do Ministerio da Guerra pónnos a machorros megawais y chochinas Srta.Pepis-style, pero alí donde a peña prefire saír da casa con AKs en vez de cun Nokia, as cousas son bastante primarias: ou disparas ou te disparan. E iso doe. E as veces, alguén morre.

Nos, os españolitos de a pé, non vemos a morte violenta mais que nas películas. E por riba, como vivimos nunha sociedade do bó rollito, o díalogo, e o flower-power, asustámonos cada vez que chega a noticia dun soldado morto. Alporizámonos berrando improperios contra o presidente do goberno, contra o exército, contra o ministro e contra a nai que os pariu. Mais morrer e matar é o normal no exército. Non é desexable, por suposto, pero son gaxes do oficio. Porque o oficio é ese.

Dá un pouco (un moito mais ben) de vergoña escoitar a MariconPlejines y a Lanzallamazares facer o burro xogando cos intereses do pais para tentar trincar uns cantos votos. Máis que vergoñento, é vomitivo. Nestes intres, o que un home (ou unha muller) pode facer, é dar o pésame as familias dos dous españois que morreron traballando polo seu pais a centos de quilómetros das suas familias.

E ficar en silencio respetuoso.

Nestes casos, honra e gloria ós que morren polo seu pais.
E dar compaña as familias mentras choran en silencio polos seus mortos.
 
Copyright 2009 Xoan Pobo
BloggerTheme by BloggerThemes | Design by 9thsphere