Somos libres !!!

0 respostas
... berran con alborozo algúns COPEiros, seica pola alegría de saíres do cárcere. Ou iso é o que un cidadán con dous (ou incluso menos) dedos de fronte pode pensar ó relacionar ó talibanzuelo de sacristía con estes valados publicitarios:



Mais un recapacita e ponse a pensar a cantidade de barbaridades que saíron (e saen) dos micros viperinos destes mangantes e chega á conclusión de que en realidade é unha mensaxe de incredulidade.

De incredulidade porque ainda ninguén foi prendelos por insultar, mentir, calumniar, enganar, roubar, castrar e arrastrar os mortos da eta polas rúas.

Sí, iste é un grande pais. As veces, moito mais grande que algúns dos que o habitan, acostumados a 40 anos de pais pequeniño (tan pequeno, que case todos andaban coa cachola baixa, non sexa que turrase no teito).

Bo, tamén hai que dicir que non en tódalas vilas a campaña de publicidade é a mesma. Alá ou acolá, os mensaxes son de mintireiro verdadeiro.

Sentido común

0 respostas
Non ahi moito mais que dicir.

Sentido común en estado puro. O que a maioría pensamos sobre a labor de pai (e nai) pero ningúen atrevíase a dicir en altavoz, non sexa que veña a brigada do BoRollito e acabemos no fondo da ría cuns zapatos de cemento.





Durante anos, semellaba que había que ser os "coleguis" dos rapaces. As novas técnicas iankis sobre o dialogo e o respecto cos nenos, estannos a convertir nunha sociedade de idiotas. Todo dereitos pero ningunha obligación.

O que os nenos non acaban de entender (ou non queren facelo) e que terás tantos dereitos coma obligacións aceptes.

E por suposto, os pais son os responsables do que os imberbes fagan, civil, penal e económicamente. Xa está ben de que o resto teñamos que pagar os cristais rotos do nene.

¿De oficio? Matar ou ser morto

0 respostas
E tan simple como iso. Vale que os anuncios do Ministerio da Guerra pónnos a machorros megawais y chochinas Srta.Pepis-style, pero alí donde a peña prefire saír da casa con AKs en vez de cun Nokia, as cousas son bastante primarias: ou disparas ou te disparan. E iso doe. E as veces, alguén morre.

Nos, os españolitos de a pé, non vemos a morte violenta mais que nas películas. E por riba, como vivimos nunha sociedade do bó rollito, o díalogo, e o flower-power, asustámonos cada vez que chega a noticia dun soldado morto. Alporizámonos berrando improperios contra o presidente do goberno, contra o exército, contra o ministro e contra a nai que os pariu. Mais morrer e matar é o normal no exército. Non é desexable, por suposto, pero son gaxes do oficio. Porque o oficio é ese.

Dá un pouco (un moito mais ben) de vergoña escoitar a MariconPlejines y a Lanzallamazares facer o burro xogando cos intereses do pais para tentar trincar uns cantos votos. Máis que vergoñento, é vomitivo. Nestes intres, o que un home (ou unha muller) pode facer, é dar o pésame as familias dos dous españois que morreron traballando polo seu pais a centos de quilómetros das suas familias.

E ficar en silencio respetuoso.

Nestes casos, honra e gloria ós que morren polo seu pais.
E dar compaña as familias mentras choran en silencio polos seus mortos.

Made in Galicia

0 respostas
Asi, con dous collóns. E moito inxeño, e moita fé nun mesmo, e mais un equipo im-presionante.

Agora todo son parabéns para os descubridores-fabricantes do Yondelis: Un fármaco feito con animaliños semellantes a unha alga que loita contra ó cancro, un descubrimento maxistral, a nova panacea. Agora, todos enriba do carro do éxito.

Made in Galicia. Galicia Calidade.



Pero ó millor o que a xente non sabe, é que Zeltia (sí, esos que tamén fan o ZZPaff para sacar cartos cos que pagar a I+D de PharmaMar) estivo a punto de pechar as portas cando fai uns anos a comisión europea non lles quiso aprovar o Yondelis. E neses intres duros, a empresa hipotecou ata os gallumbos para seguir adiante. Porque tiñan fé, claro. Pero tamén porque teñen os collóns coma puños. Fai falla telos así nun país de meapilas e mixiricas, no pais que prefiere que "inventen eles", nun país no que só se pensa de 4 en 4 anos, nun país de catetos, palurdos e futboleiros millonarios.

Fai uns anos, o governo, en troques de apoiar o Yondelis en Europa, mirou para outro lado: o formigón sí que daba cartos, e non a inxeñería.

Fai uns anos, moitos dos que agora achéganse ó cheiro dos cartos, non puxeron un duro para apoiar a verdadeira I+D (agora, chámase tamén +i, que potito) e preferiron meter cartos na vila da (in)kurtura.

Pero si é certo que hai un galego na lúa, vai sendo hora de que o haxa tamén nos anaqueis do nobel de mediciña ou de química.

As veces, ó botar unah mirada enrredor, un está desexando trinca-la recortada e quedarse só. Só que, ainda sendo ateo, a veces recordo aquel pasaxe da Biblia cando Xesús estaba a mirar para Sodoma e Gomorra: se hai un só hombre bó, valeráa pena salvala.

En Zeltia asemella que temos hombes bós dabondo. Gracias a deus.

¿Que dí que non fai falla a "Educación para la Ciudadanía"?

0 respostas
Leo abraiado (es-tupefacto, mais ben) a boutade dun tipo que dín que é político de éxito, pero mais ben parece un imbécil esférico.

Como este paiaso é gobernador dunha rexión que se chama pais a sí mesma, asemella que este palurdo quere converterse en Virrey. E pasarse as leises polo forro dos collóns.

O tal Camps, cacique dos "paisos valenciáns", é do PP. E como é da oposición, oponse a todolo que veña do goberno do PSOE. E ademais, como bó canciño faldeiro, asume como propias as consignas de Xénova. E si agora xa está demodé tirarlle a xeta ós mortos de ETA ó presidente, o que mola agora é saltarse á torera a lei de educación que impón a asignatura de "Educación para a Cidadania".



E como non ten collóns para poñelos enriba da mesa, enfrontarse ó xuez e inclupli-la lei por obxección de conciencia (ou algunha outra carallada polo estilo), o que fai e pretender que a asignatura se imparta en inglés. Nada menos.

A ver quen son os do goberno democrático para dicirlle a él (a todo un virrei) o que ten que facer na sua taifa !!!!


E logo un pensa que estes son os tipos que o están a gobernar, e a decidir donde se invirten ou non os cartos públicos.... e abofé que a un lle entran unhas ganas locas de que paren o tren e baixarse. E que logo descarrile levándose por diante a todos estes zumbamerdas do carallo.

E non é broma: lé neste vínculo a noticia orixinal no EiBiSi

Denantes de escomenzar

0 respostas
Ahhhhhhhhhh, a miña bitácora.
Que ledicia, canto alboroto (non, non vou repetir o do canciño piloto).

Ben, non é que o que eu teña que dicir sexa importante... pero como publicar é gratis e non hai que arrasar bosque algún animareime a volcalas neste caderno. Así tamén baleiro de cando en vez a miña chota, non sexa que algunha vez teña unha boa idea e fuxa porque non atopa sitio dabondo :D
 
Copyright 2009 Xoan Pobo
BloggerTheme by BloggerThemes | Design by 9thsphere